08/09/2026
🔧 Seguimos mellorando.
Incorporamos un novo compresor ao equipamento do taller, unha mellora que nos permite seguir optimizando o traballo no taller de chapa e pintura.
Queremos ofrecerche o mellor servizo, e para iso non chega con ter un bo equipo humano: tamén hai que contar con boa maquinaria, boas ferramentas e formación constante.
Seguimos aprendendo, actualizándonos e investindo para ofrecervos o mellor servizo 💪
Esta adquisición foi posible grazas á axuda da Xunta de Galicia, a través do Bono das Persoas Traballadoras Autónomas para a mellora da competitividade.
📍 Rúa Aragón 72, Vigo 🚗