Autocross Santa Comba - SC Motorsport

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Autocross Santa Comba - SC Motorsport SC MOTORSPORT
26 de setembro de 2026
Volve o circuito con máis maxia do campionato. Volve Santa Comba! 🏁

Todo listo para disfrutar del Autocross de Mollerussa!💪🏻Camiseta by AUTOCROSS SANTA COMBA 😍😍
03/10/2026

Todo listo para disfrutar del Autocross de Mollerussa!💪🏻

Camiseta by AUTOCROSS SANTA COMBA 😍😍

🏁 HORARIOS PARA O PÚBLICO — 36.º AUTOCROSS SANTA COMBAXa tedes dispoñible o horario simplificado para seguir toda a xorn...
24/09/2026

🏁 HORARIOS PARA O PÚBLICO — 36.º AUTOCROSS SANTA COMBA

Xa tedes dispoñible o horario simplificado para seguir toda a xornada deste sábado no Circuito de Autocross de Santa Comba.

📅 Sábado 26 de setembro de 2026
🕣 Apertura ao público: 08:30 h

Durante a mañá:
• Warm-up
• Adestramentos oficiais
• Preparación do circuíto

Pola tarde:
• 1.ª clasificatoria
• 2.ª clasificatoria
• Finais desde as 18:30 h 🏆

E ao longo de toda a xornada:
🍺 Bar
🍔🍦 Food Trucks
🎶 After-Race con Disco Móbil Super Fabrik

Garda esta publicación para ter os horarios sempre a man e comparte con quen veña contigo. 🔥

📍 Circuito de Autocross de Santa Comba

💧 AVISO IMPORTANTE AOS EQUIPOS PARTICIPANTESO punto de lavado a presión previsto para os vehículos participantes do 36º ...
23/09/2026

💧 AVISO IMPORTANTE AOS EQUIPOS PARTICIPANTES

O punto de lavado a presión previsto para os vehículos participantes do 36º Autocross Santa Comba estará fóra de servizo debido ás restricións de auga que afectan ao Concello de Santa Comba.

Agradecemos ao noso patrocinador STARK by Ausavil STARK by Ausavil 🏁 as facilidades e a disposición habitual para colaborar coa proba. Nesta ocasión, polas obrigacións municipais e por responsabilidade, decidimos non habilitar o lavado.

Grazas pola colaboración e comprensión.

♿ ACCESO PMR | 36º AUTOCROSS SANTA COMBAQueremos que todo o mundo poida desfrutar do Autocross Santa Comba nas mellores ...
22/09/2026

♿ ACCESO PMR | 36º AUTOCROSS SANTA COMBA

Queremos que todo o mundo poida desfrutar do Autocross Santa Comba nas mellores condicións. 💙

Para esta edición dispoñemos de prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, situadas dentro do propio recinto e cun acceso directo ao circuíto.

📍 No plano podedes consultar:

➡️ Localización das prazas PMR
➡️ Percorrido de acceso ao circuíto
➡️ Acceso desde a AC-400

Pedímosvos que estas prazas se respecten e queden dispoñibles exclusivamente para quen realmente as precise. 🙏

Porque o autocross tamén é voso. 🏁

Nota: Recordamos que o acceso ao recinto para o público xeral sitúase na entrada principal do circuito.

🔥 A carreira remata… pero Santa Comba non para.Este 26 de setembro, despois das finais e da entrega de premios, chega o ...
18/09/2026

🔥 A carreira remata… pero Santa Comba non para.

Este 26 de setembro, despois das finais e da entrega de premios, chega o SC AFTER-RACE ao Circuito de Autocross de Santa Comba. 🏁🎧

💥 Disco Móbil Super Fabrik
🎶 DJ Rakso
🎶 DJ Sergy

Motor, música e festa para pechar unha xornada que queremos que sexa inesquecible.

📅 26.09.2026
📍 Circuito de Autocross de Santa Comba

Vén pola carreira. Quédate polo After-Race.

🏁 A NOSA HISTORIA. VOLVE VIVILA.Hai saídas que aínda escoitamos. Coches que recoñecemos ao instante. E tardes de carreir...
18/09/2026

🏁 A NOSA HISTORIA. VOLVE VIVILA.

Hai saídas que aínda escoitamos. Coches que recoñecemos ao instante. E tardes de carreiras que nunca esquecemos.

Estreamos a sección histórica da nosa web: un percorrido por 35 edicións do Autocross Santa Comba, de 1999 a 2025. ❤️

🏆 Podios por edición e categoría.
📊 Récords e ranking de pilotos.
📸 Galería de fotografías históricas.
📰 Recortes de prensa para volver ao comezo.

Un arquivo que seguirá medrando coa memoria de todos os que fixestes posible esta historia: pilotos, afección, equipos e persoas que traballaron detrás de cada carreira.

👉 Entra en santacombamotorsport.es/historia

💬 Recoñeces algún coche? Estabas alí? Cóntanos a túa lembranza. E se gardas fotos ou recortes, escríbenos para seguir completando o arquivo!

🏁 SANTA COMBA XA ESTÁ AQUÍ.O vindeiro 26 de setembro regresa o 36.º Autocross Santa Comba, unha das citas con máis histo...
16/09/2026

🏁 SANTA COMBA XA ESTÁ AQUÍ.

O vindeiro 26 de setembro regresa o 36.º Autocross Santa Comba, unha das citas con máis historia e personalidade do Campionato Galego de Autocross.

Terra, velocidade, espectáculo e unha xornada pensada para desfrutar do motor de principio a fin. 🔥

🏎️ 36.º Autocross Santa Comba
📅 26 de setembro de 2026
📍 Circuito de Autocross de Santa Comba
🍔 Bar e Food Trucks
🎧 Tarde amenizada por Disco Móbil Super Fabrik
🎉 AFTER-RACE ao remate da proba con DJ Rakso e Dj Sergy
E por suposto, os mellores pilotos do autocross galego loitando por cada metro de pista.

🎟️ Información, entradas e documentación oficial:

santacombamotorsport.es

Volve a terra. Volve a velocidade. Volve Santa Comba. 🖤💛

📲 SPORTITY XA DISPOÑIBLEA documentación oficial do 36.º Autocross Santa Comba 2026 xa está accesible desde a nosa web e ...
01/09/2026

📲 SPORTITY XA DISPOÑIBLE

A documentación oficial do 36.º Autocross Santa Comba 2026 xa está accesible desde a nosa web e tamén a través da app Sportity.

Regulamento, horarios, listas, comunicados, grellas, clasificacións e toda a documentación que se vaia publicando durante a proba, sempre a man.

🔑 Contrasinal Sportity: SANTACOMBA26

Podes acceder directamente desde:

🌐 santacombamotorsport.es

ou buscar o evento na app Sportity introducindo SANTACOMBA26.

Toda a información oficial, nun único lugar. 🏁

📸 ACREDITACIÓNS DE PRENSA 2026 — ABERTASXa está dispoñible o formulario para solicitar a acreditación de prensa do 36.º ...
28/08/2026

📸 ACREDITACIÓNS DE PRENSA 2026 — ABERTAS

Xa está dispoñible o formulario para solicitar a acreditación de prensa do 36.º Autocross Santa Comba.

Fotografía, vídeo, prensa, radio, televisión ou creación de contido: os medios e profesionais interesados xa poden enviar a súa solicitude desde a sección Prensa da nosa web.

🌐 santacombamotorsport.es

Para esta edición estamos preparando un dispositivo específico para que os medios acreditados poidan traballar coa maior seguridade e coas mellores posibilidades para contar a carreira.

🔵 Zonas específicas para prensa acreditada
🗺️ Mapa de zonas dispoñible na web
🛡️ Acceso condicionado á acreditación e ás indicacións da organización e dos oficiais

⚠️ O envío do formulario non implica a concesión automática da acreditación. Cada solicitude será revisada segundo a cobertura proposta, o aforo e as condicións de seguridade.

📅 26 de setembro de 2026
📍 Circuito de Autocross de Santa Comba

🏁 XA ESTAMOS ONLINE!Estreamos a nova web de SC Motorsport e do 36.º Autocross Santa Comba.Un novo espazo no que iremos c...
27/08/2026

🏁 XA ESTAMOS ONLINE!

Estreamos a nova web de SC Motorsport e do 36.º Autocross Santa Comba.

Un novo espazo no que iremos centralizando toda a información da proba: entradas antecipadas con desconto xa disponibles, información para público e pilotos, documentación oficial, prensa, experiencias, colaboradores, novidades e moito máis.

Queremos que todo o que rodea ao Autocross Santa Comba estea cada vez máis preto, máis claro e máis accesible.

🌐 santacombamotorsport.es

Xa podes entrar e descubrila.

📅 26 de setembro de 2026
📍 Circuito de Autocross de Santa Comba

Dirección

Santa Comba
15840

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Autocross Santa Comba - SC Motorsport publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Autocross Santa Comba - SC Motorsport:

Atajos

Compartir