Feira do Viño do Ribeiro

Feira do Viño do Ribeiro Feira do Viño do Ribeiro Feria enogastrónomica de exaltación de los vinos de la D.O. Ribeiro.

Se celebra el primer fin de semana del mes de mayo, en Ribadavia (Ourense). Esta edición del año 2022 será los días viernes 29, sábado 30 de abril y domingo 1 de mayo.

🍷 Aberto o prazo para participar na 63ª Feira do Viño do Ribeiro🗓️ Desde este luns, 2 de marzo, e ata as 14.00h do 20 de...
05/03/2026

🍷 Aberto o prazo para participar na 63ª Feira do Viño do Ribeiro

🗓️ Desde este luns, 2 de marzo, e ata as 14.00h do 20 de marzo, as adegas e colleiteiros inscritos na DO Ribeiro poden formalizar a súa inscrición para formar parte da 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro.

📍 A cita celebrarase os días 1, 2 e 3 de maio de 2026 en Ribadavia.

📞 988 477 100
📩 [email protected]

🍷🎨 A Feira do Viño do Ribeiro recoñece o talento novo!A organización da Feira do Viño do Ribeiro premiou a Inês Oliveira...
27/02/2026

🍷🎨 A Feira do Viño do Ribeiro recoñece o talento novo!

A organización da Feira do Viño do Ribeiro premiou a Inês Oliveira Regal, alumna do IES O Ribeiro, pola súa orixinal proposta de cartel inspirada no Pop Art e na orixe da feira en 1963. Un recoñecemento á creatividade e á implicación do alumnado de Artes e Deseño de Ribadavia.

📸 Na foto, de esquerda a dereita: Yolanda Gómez, concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia; Inês Oliveira, estudante galardoada; Co**ha Iglesias, presidenta do C.R.D.O. Ribeiro; Gemma Rodríguez, profesora do IES O Ribeiro; e César Tejada, profesor do IES O Ribeiro.

👉🏻 Presentamos o CARTEL OFICIAL da 63ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO 🍷 🎨 A obra de Ángel Ligero Martínez é unha homenaxe perf...
20/02/2026

👉🏻 Presentamos o CARTEL OFICIAL da 63ª FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO 🍷

🎨 A obra de Ángel Ligero Martínez é unha homenaxe perfecta á tradición, á terra e á esencia do Ribeiro.

🍇 Creatividade, identidade e sentimento nun só cartel

Se ti tamén sentes o espírito do Ribeiro…compárteo! 🍷

🎉 Xa temos imaxe para a 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro! 🍷O cartel de Ángel Ligero Martínez foi o elixido entre ...
19/02/2026

🎉 Xa temos imaxe para a 63ª edición da Feira do Viño do Ribeiro! 🍷

O cartel de Ángel Ligero Martínez foi o elixido entre 52 propostas para representar a nosa festa máis especial, que encherá Ribadavia de viño, tradición e emoción do 1 ao 3 de maio.

O xurado estivo formado por Co**ha Iglesias (presidenta do C.R.D.O. Ribeiro), Yolanda Gómez (concelleira de Cultura do Concello de Ribadavia), Jaime Díaz (Incubarte) e Julio A. Gutiérrez (Guvi Social Media).

Grazas a todas as persoas que participaron e votaron 💚

¡Comeza a conta atrás! 🍷

🍷 A Feira do Viño do Ribeiro está cada vez máis preto e a ilusión xa se respira en cada lembranza compartida.A 63ª edici...
06/02/2026

🍷 A Feira do Viño do Ribeiro está cada vez máis preto e a ilusión xa se respira en cada lembranza compartida.

A 63ª edición virá cargada de momentos para brindar, descubrir, reencontrarnos e celebrar o noso 🍇

👉 Nos próximos días irémosvos contando novas, sorpresas e todo o que estamos a preparar.

A votar! 🗳️🍷
28/01/2026

A votar! 🗳️🍷

🍇 Nós xa estamos contando os días. E vós… tedes ganas da  ? 😏🍷 Cada vez falta menos… unhos meses para volver xuntarnos a...
09/01/2026

🍇 Nós xa estamos contando os días. E vós… tedes ganas da ? 😏

🍷 Cada vez falta menos… unhos meses para volver xuntarnos arredor do viño, da terra e da xente que fai posible a Feira do Viño do Ribeiro.

💬 Viticultores e viticultoras, adegas, colleiteiros, amigas e amigos do Ribeiro… queremos lervos nos comentarios… e sentir de novo ese espírito do Ribeiro 💚

🍇 Feliz 2026 🍇Brindamos por un novo ano cheo de vida, tradición e momentos compartidos arredor dunha copa.Grazas a todas...
31/12/2025

🍇 Feliz 2026 🍇
Brindamos por un novo ano cheo de vida, tradición e momentos compartidos arredor dunha copa.

Grazas a todas as persoas que facedes do Ribeiro un lugar único.

Que o 2026 nos atope xuntos, celebrando o que é noso. 🍷

🍷🎄 Felices Festas dende O Ribeiro! Nestes días de celebración, queremos brindar convosco polo que realmente importa: os ...
24/12/2025

🍷🎄 Felices Festas dende O Ribeiro!

Nestes días de celebración, queremos brindar convosco polo que realmente importa: os encontros, as conversas sen présa e o viño compartido arredor dunha mesa.

Grazas por formar parte da familia do Ribeiro, por apoiar aos nosos viticultores e por levar un anaquiño da nosa terra en cada copa.

Que o Nadal veña cheo de saúde, alegría e bos brindes 🍷

Bo Nadal e Felices Festas! 🎄🎊

🍷 A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurs...
19/12/2025

🍷 A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 1 ao 3 de maio de 2026. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.

🔎 A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e á súa gran posta de largo, aludindo á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que se trata dun evento onde as adegas ofrecen aos visitantes viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar deseñadores e artistas profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.

Consulta as bases 👇

Concederase un único premio dotado de 1.000 euros á obra elixida por un xurado profesional Ribadavia, 18 de decembro de 2025. A organización da Feira do Viñ ...

🚌 O autobús da 62ª Feira do Viño do Ribeiro xa pon rumbo de volta… pero con destino 2026!👋🏼 Despedímonos dunha edición i...
05/05/2025

🚌 O autobús da 62ª Feira do Viño do Ribeiro xa pon rumbo de volta… pero con destino 2026!

👋🏼 Despedímonos dunha edición inesquecible, chea de viño, tradición, música e boa compañía. Grazas a todas e todos os que a fixestes posible!

🤗Agora é tempo de recoller, respirar… e comezar a soñar coa 63ª Feira do Viño do Ribeiro, que xa se albísca no horizonte de 2026.

🍇 O Ribeiro nunca para. Seguimos brindando por todo o que está por vir!

🍷 O último día da 62ª Feira do Viño do Ribeiro deixounos momentos que queremos gardar para sempre!💚 Grazas a todas e tod...
05/05/2025

🍷 O último día da 62ª Feira do Viño do Ribeiro deixounos momentos que queremos gardar para sempre!

💚 Grazas a todas e todos os que viñestes celebrar con nós esta edición tan especial.

📸Aquí van algunhas das mellores imaxes dun domingo cheo de viño, risas e boa compañía.
O Ribeiro sabe a festa… e vós sodes parte dela!

Dirección

Ribadavia
32400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feira do Viño do Ribeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Feira do Viño do Ribeiro:

Compartir

Siente y disfruta el vino en Feira do Viño do Ribeiro

Feria enogastrónomica de exaltación de los vinos de la D.O. Ribeiro. Se celebrará los días 1, 2 y 3 de mayo de 2020, en Ribadavia (Ourense). Cata popular, showcookings y catas, actuaciones musicales, Food Trucks, visitas guiadas, buen vino y el mejor ambiente. Anímate y ven a disfrutar con nosotros de la cultura del vino y del enoturismo.