16/10/2026
🏁 48 Rally San Froilán 🏁
Esta fin de semana desprazámonos a Lugo para participar nunha das probas máis emblemáticas do calendario galego, o 48 Rallye San Froilán, que se disputará os días 16 e 17 de outubro.
A proba comezará o venres con dúas pasadas cronometradas e a posterior cerimonia de saída 💃.O sábado concentrará o groso da competición, cunha xornada completa de tramos.
Contaremos con tres equipos na saída:
🔹 Dorsal 47-Peugeot 205 Rallye
-Daniel Álvarez – Adrián Vázquez Búa.
Coa intención de defender o liderado da Copa Pirelli AMF e dar un paso case definitivo cara ao título.
🔹 Dorsal 53-Peugeot 106
-Alberto Alonso – Ángel Rodríguez. Tamén na Copa Pirelli AMF, afrontan unha nova cita co obxectivo de pelexar por un resultado en postos de podium.
🔹 Dorsal 99-Citroen Saxo Vts 16v
-Juan Carlos Criado – Laura Fernández. Un equipo que está a encadear probas nas últimas semanas e que volverá estar presente nunha das grandes citas do ano.
Moita sorte a todos 🏁