16/10/2026
📢 ASEMBLEA DO AFA E PREPARATIVOS DO SAMAÍN 🎃🌰
Queridas familias:
Adiantámosvos que o vindeiro 29 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a asemblea ordinaria do AFA. A convocatoria oficial enviarase proximamente, pero pedímosvos que reservedes xa esta data no calendario.
Durante a asemblea haberá un cambio de cargos na xunta e aproveitamos a ocasión para animar a todas as persoas interesadas a presentar a súa candidatura e dar un paso adiante para formar parte dela.
Quen desexe presentar a súa candidatura para formar parte da xunta deberá enviala antes do mércores 21 de outubro.
Participar na xunta é unha excelente maneira de contribuír á vida da nosa comunidade educativa. Cada vez son máis as actividades, as ideas e os proxectos que queremos levar adiante e cantas máis persoas sexamos, mellor poderemos repartir o traballo, compartir responsabilidades e facer realidade novas propostas.
Grazas á implicación das familias podemos impulsar actividades culturais, formativas e de convivencia dirixidas a toda a comunidade educativa. Cada axuda é valiosa e cada achega conta!
Ademais, ese mesmo día dedicaremos un tempo a preparar as castañas para celebrar o Samaín 🌰🎃. Será unha boa ocasión para atoparnos, colaborar e compartir un anaco de tempo como comunidade do AFA.
Animámosvos a participar, compartir as vosas ideas e, se vos apetece, formar parte da xunta! Xuntas e xuntos podemos seguir construíndo unha comunidade educativa máis activa, participativa e enriquecedora.
📅 Reservade a data: 29 de outubro, ás 18:00 horas.
Contamos con vós!