18/06/2026
Os coches cambian. E nós tamén evolucionamos con eles.
Hoxe queremos compartir unha nova que nos fai especial ilusión: xa formamos parte de DIM EV Repair, unha rede de talleres especializados en vehículos híbridos e eléctricos.
É un paso máis no noso compromiso por seguir formándonos e preparándonos para ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo posible.
Con esta certificación convertémonos nun dos primeiros talleres da zona especializados neste tipo de vehículos, preparados para afrontar os novos retos da automoción.
Porque o futuro xa está aquí, e queremos seguir sendo o taller no que poidades confiar, como levades facendo desde hai anos.
Grazas por acompañarnos neste camiño.
🔧🔋⚡