Asociación Paseniño

Asociación Paseniño ASOCIACIÓN PASENIÑO
Asociación De Personas Con Diversidade E Familias

📢 *ACTIVIDADES DURANTE O CURSO EN PASENIÑO*Xa estamos organizando as actividades e o Servizo de Respiro Familiar de Pase...
04/09/2026

📢 *ACTIVIDADES DURANTE O CURSO EN PASENIÑO*

Xa estamos organizando as actividades e o Servizo de Respiro Familiar de Paseniño para este curso. 💙

As familias interesadas poden indicarnos as súas necesidades e preferencias: actividades de ocio, deporte, apoio en habilidades académicas e funcións executivas, actividades grupais… ou outras opcións que poidamos valorar.

📝 Se estás interesado/a, cubre o formulario para que poidamos organizar os apoios e actividades en función das solicitudes recibidas.

👉 https://forms.gle/uvnZgC3dvuu8S4898

⚠️ INFORMACIÓN RELEVANTE: inicialmente o servizo prestarase ata o *9 de decembro*, xa que dependemos de que nos concedan a subvención deste ano para poder continuar a partir desa data. Informaremos de calquera novidade ao respecto.

👏🏻👏🏻👏🏻
03/09/2026

👏🏻👏🏻👏🏻

La Fundación La Caixa financia el proyecto que desarrolla esta entidad de la Costa da Morte

Hai persoas que chegan a Paseniño para traballar, e outras que chegan para regalar o seu tempo. Pero todas deixan algo m...
03/09/2026

Hai persoas que chegan a Paseniño para traballar, e outras que chegan para regalar o seu tempo. Pero todas deixan algo moito máis grande: unha parte delas.

Detrás de cada actividade, de cada excursión, de cada sorriso e de cada momento compartido hai moitas horas de traballo, organización, paciencia e cariño.

Ás nosas traballadoras, grazas pola vosa dedicación, por coidar cada detalle e por facer que cada día sexa especial.

E ás nosas voluntarias, grazas por estar sempre dispostas a botar unha man, pola vosa xenerosidade e por demostrar que, cando se comparten o tempo e as ganas, pódense facer cousas enormes.

Paseniño non sería o mesmo sen vós. Porque un proxecto coma este non se constrúe só con actividades, senón con persoas que cren no que fan e, sobre todo, que cren nas persoas.

Grazas por formar parte de Paseniño. 🤍

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.💙 S.R.D...
02/09/2026

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️

Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.

💙 S.R.D. Unión Club Cee
🆚
💙 Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo

Un partido diferente, porque o máis importante non será o resultado, senón sumar todos xuntos por unha boa causa.

Por segundo ano consecutivo, os xuvenís do Unión Club Cee levan de forma solidaria o logo de Paseniño nas súas camisetas, axudándonos a dar visibilidade á nosa labor e á importancia da inclusión.

Todo o noso agradecemento aos dous equipos por facer posible este partido e demostrar que o deporte tamén pode ser solidariedade, compromiso e inclusión.

💙 Xuntos marcamos a diferenza!
UNIÓN CLUB CEE

FútbolBase Xuventude Solidariedade Camariñas Cee

Campamento paseniño 💙🫶🏻
02/09/2026

Campamento paseniño 💙🫶🏻

Chegou ao seu remate a segunda edición do espazo de verán organizado pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis Paseniño promove novas experiencias para o crecem...

Axudemos á Ely! 💙
02/09/2026

Axudemos á Ely! 💙

Vivir nunha comarca tan esquecida e alonxada dos grandes núcleos de poboación ten moitas cousas positivas. Pero tamén grandes problemas, sobre todo para fami...

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.💙 S.R.D...
01/09/2026

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️

Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.

💙 S.R.D. Unión Club Cee
🆚
💙 Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo

Un partido diferente, porque o máis importante non será o resultado, senón sumar todos xuntos por unha boa causa.

Por segundo ano consecutivo, os xuvenís do Unión Club Cee levan de forma solidaria o logo de Paseniño nas súas camisetas, axudándonos a dar visibilidade á nosa labor e á importancia da inclusión.

Todo o noso agradecemento aos dous equipos por facer posible este partido e demostrar que o deporte tamén pode ser solidariedade, compromiso e inclusión.

💙 Xuntos marcamos a diferenza!

FútbolBase Xuventude Solidariedade Camariñas Cee

💙 UNHAS SEMANAS CHEAS DE EXPERIENCIAS EN PASENIÑO 💙Estas semanas vivimos un montón de momentos especiais: aprendemos, cr...
30/08/2026

💙 UNHAS SEMANAS CHEAS DE EXPERIENCIAS EN PASENIÑO 💙

Estas semanas vivimos un montón de momentos especiais: aprendemos, creamos, xogamos, fixemos deporte e, sobre todo, divertímonos xuntos 🥰

🔨 Obradoiro de madeira
🏄‍♀️ Pádel surf en Fisterra
🏅 Deporte e xogos libres
💪 Actividades con DaFIT
🎨 Obradoiro de bolsas e pintura
🔎 Búsqueda do tesouro
🧪 Obradoiro de experimentos
🏡 Visita guiada para os maiores
🎨 Manualidades para os máis pequenos

Unhas semanas para descubrir, experimentar, compartir e crear recordos que quedan. ✨

Grazas a todas as familias por confiar en nós e acompañarnos nesta aventura. 💙

En Paseniño seguimos medrando xuntos, paseniño a paseniño. 🌱💙

Fisterra Cee CostaDaMorte

💙 Pequenos xestos, grandes corazóns.Hoxe queremos compartir convosco unha iniciativa moi especial. Roí é un rapaz empáti...
13/08/2026

💙 Pequenos xestos, grandes corazóns.

Hoxe queremos compartir convosco unha iniciativa moi especial. Roí é un rapaz empático, sensible e solidario que decidiu poñer o seu gran de area para axudar a outros nenos e nenas con discapacidade.

Colleu os seus debuxos e púxoos á venda para recadar fondos. Non hai un prezo: cada persoa achega o que pode e o que lle nace.

Desde PASENIÑO só podemos dicirche: grazas, Roí, por ensinarnos que a solidariedade non ten idade. 💙

Porque cando se axuda desde o corazón, calquera xesto pode facer a diferenza.

Grazas Zaira Trillo
PequenosXestosGrandesCorazóns

💙 UN PEQUENO CACHIÑO DE TODA A NOSA XENTE SOLIDARIAEstas son só algunhas das moitas persoas que se achegan ao noso posto...
11/08/2026

💙 UN PEQUENO CACHIÑO DE TODA A NOSA XENTE SOLIDARIA

Estas son só algunhas das moitas persoas que se achegan ao noso posto, mercan e colaboran con Paseniño.

Son só un pequeno cachiño de todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos apoian e poñen o seu gran de area para que o noso proxecto siga adiante.

A cada persoa que merca, colabora, participa ou simplemente nos anima a continuar: GRAZAS.

Porque detrás de cada compra hai moito máis: hai solidariedade, apoio e compromiso coa inclusión.

💙 Grazas por formar parte de Paseniño.

Dirección

Cee

Horario de Apertura

10:30 - 12:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Paseniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Paseniño:

Atajos

Compartir