23/08/2026
🌊🚣♀️ VIII REGATA DA VALVANERA🚣♂️🌊
O domingo 6 de setembro, Cambados volverá a encherse de tradición, mar, música e festa coa VIII Regata da Valvanera de Dornas a Remo 💙⚓
📍 A saída será desde a Torre de San Sadurniño, un lugar emblemático da nosa vila, e a varada terá lugar na praia de San Tomé 🌊
E a festa non remata coa chegada! 🎉
Na Casa Mariñeira agárdanos unha xornada para compartir, celebrar e desfrutar:
🏆 Entrega de trofeos
👕 Entrega de camisetas aos participantes
🥂 Picoteo para repoñer forzas...
🎶 E, a escasos metros, poderedes desfrutar dunha estupenda sesión vermú, acompañada por un grupo de música da man da Comisión de Festas da Virxe da Valvanera 💃🕺🎵
Un día para xuntarnos, apoiar ás nosas tripulacións, g***r do mar e manter viva unha tradición que forma parte da nosa historia e da nosa identidade mariñeira. 💙
Dornas, remos, música, tradición e festa… que máis se pode pedir? 🌊
📅 Domingo, 6 de setembro de 2026
⏰ 13:00 h
Desde a Asociación A Torre queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas, entidades e empresas que fan posible que a nosa VIII Regata da Valvanera – Dornas a Remo siga medrando e mantendo viva a nosa tradición mariñeira. 🌊🚣♀️
👏 Grazas aos nosos patrocinadores e colaboradores polo seu apoio, confianza e compromiso coa cultura e co patrimonio marítimo de Cambados.
E, por suposto, grazas a todas as persoas que colaboran, participan e se achegan a g***r das nosas dornas, do remo e da nosa tradición.
Porque detrás de cada regata hai moito traballo, ilusión e xente que cre no noso mar. ⚓️💙
Grazas por remar connosco e por axudarnos a manter viva a nosa historia.
🌊 Vémonos o 6 de setembro na VIII Regata da Valvanera! 🚣♀️