24/05/2026
O próximo 27 de xuño, a Peña Autocross Arteixo celebrará a cuarta proba do Campionato de Galicia de Autocross 2026.
O histórico circuito José Ramón Losada volverá vibrar cunha nova edición dunha proba referente do calendario autonómico.
Neste 89 Autocross Arteixo MEMORIAL ANTONIO PÉREZ a carreira terá un significado especial.
Un recordo para alguén que deixou pegada dentro e fóra do circuíto, e ao que toda a familia da Peña quere honrar nesta carreira.
Xa podedes consultar o regulamento particular da proba no noso canal de Sportity (AUTOCROSSARTEIXO)
Toda a información oficial, horarios e lista de inscritos estarán dispoñibles a través das nosas redes sociais.
Apertura de inscricións: o próximo 27/5 ás 14:00 horas.
Preparádevos para unha xornada de motor, emoción e moito espectáculo.