11/03/2020
¡Axudas da Xunta de Galicia para a obtención dos permisos de conducción clases B e C para a MOCIDADE galega!
Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
CONTÍA da axuda
• 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
• 650 € para o permiso de clase C
Persoas destinatarias e REQUISITOS:
Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
b. Estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c. Estar inscritas no sistema de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiarias no ámbito de Galicia.
d. Estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
DOCUMENTACIÓN
Solicitude xunto coa seguinte documentación:
a. Copia do permiso de condución clase B e/ou clase C, expedido a partir do 1 de xaneiro de 2020, de telo xa na data da solicitude.
b. Xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude. O xustificante deberá indicar a modalidade de permiso/s de condución obxecto da matrícula.
PRAZO
Desde o 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
Máis INFORMACIÓN
Para recibir máis información sobre este tipo de axudas e a súa tramitación poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar Municipal.